CRTVG.es: Galmask, a primeira fabricante de máscaras FPP3 en Galicia

Galmask é a primeira fábrica de máscaras FPP3 de Galicia comercializará en cuestión de días os novos equipos de protección individual baixo a categoría FPP3, as máscaras con máis protección do mercado.

Un proceso automatizado, que permite fabricar un millón e medio de EPI mensuais, e co que aspiran a contribuír ao abastecemento de máscaras homologadas producidas no país.

Cun investimento de 600.000 euros, esperan crear 30 postos de traballo directos.

Actualmente as máscaras, que se comercializarán baixo a marca Galmask, están na última fase de homologación, á espera de recibir o certificado da Unión Europea. En dúas semanas agardan empezar a súa comercialización.

ver video en la Fuente 

Publicaciones Similares